Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

lunes

Charla sobre o cacao

Os nenos e nenas da clase de 5 anos e a profe Ruth estiveron traballando sobre o cacao, e como remate final do seu proxecto de traballo estiveron dando charlas sobre o mesmo a todo o alumnado do colexio.
Por suposto, a nós tamén nos convidaron a unha desas charlas.

 E nós asistimos moi gustosos



Os nenos e nenas de 5 anos contáronnos cousas moi interesantes sobre o caco, e quedamos abraiados cando nos ensinaron como era o froito do cacao... a primeira vez que o víamos!!



Moitas grazas por compartir con nós todo o que aprendestes!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario