Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

miércoles

Estas eiruguiñas continúan crecendo!!

As nosas eirugas son unhas larpeiras e non deixan de comer! Agora xa están tan grandes que xa podemos collelas!!







Fan unhas cóxegas!!

Exposición sobre o chocolate

Os nenos e nenas da clase de 5 anos estiveron traballando sobre o cacao e o chocolate, e xa en días anteriores nos contaran algunhas cousas sobre o mesmo. Nesta ocasión montaron unha exposición súper chula sobre o chocolate e, por suposto, invitáronnos a vela.


Nós acudimos moi gustosos á súa invitación, e todo o que nos contaron e amosaron pareceunos moi interesante.



















Moitas grazas pola invitación!! Encantounos a vosa exposición!!

lunes

Organización da clase durante o curso

Durante este curso organizamos a clase en pequenos recunchos: recuncho de lóxica-matemática, recuncho de lectoescritura e recuncho de plástica.
 Xa o curso pasado nos organizáramos en tres equipos: equipo azul, equipo verde e equipo amarelo
( se recordades, estos equipos decidíramolos así despois de traballar o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo", aínda que no presente curso escolar, os membros dos equipos variámolos pois marcharon algúns nenos/as e viñeron outros novos).
Cada equipo ten un/unha miniprofe que se vai cambiando máis ou menos cada mes. O/A miniprofe é o encargado de facer as pequenas rutinas diarias como mirar quen falta, poñer a data, o tempo, repartir os vasos para beber, os manteliños para a merenda, ou axudar aos membros do seu equipo cando o precisen.






Os equipos van rotando polos tres recunchos durante tres días á semana, de xeito que cada equipo pasa polos tres recunchos, tocándolle cada día un . Os equipos están nos recunchos aproximadamente unha sesión de traballo, arredor de 50'. Cada semana, en cada recuncho, propóñense tarefas e actividades, de tal xeito que primeiro hai que realizar a tarefa antes de pasar a actividade. A comezos de semana, explícase o traballo a realizar durante eses tres días, e así, so con fixarse na explicación que figura en cada recuncho, xa todos/as saben o que teñen que facer.



As tarefas poden ser relacionadas co proxecto de traballo que se está a traballar ou tarefas tipo.




As actividades serán sempre moi variadas

Pinchitos para facer series, figuras, traballar a motricidade fina, a coordinación ollo-man, a creatividade...

Estampación de letras

Xogos no ordenador para traballar a lóxica-matemática, a creatividade, a atención, ou actividades preparadas pola mestra para traballar aspectos relacionados co proxecto de traballo




Mirar, observar, "ler" libros 



Resolver crebacabezas, dominós, facer parellas,...

Modelar libremente coa plastilina


Facer colares seguindo un código ou libremente

Construír

Coser


Con todas estas actividade traballamos os diferentes contidos curriculares de educación infantil.
Ademais, cada día colócase unha axenda con imaxes para saber en todo momento o que toca facer: colgar abrigos e poñer mandilóns, xogo libre, asamblea, traballo por recunchos ou especialistas (inglés, relixión ou atención educativa, psicomotricidade, música), hábitos de hixiene, merenda, contos, recreo, bebemos, quitamos mandilóns e poñemos abrigos, marachamos para casa...


Así, o horario de aula sería máis ou menos o seguinte:
-Luns, mércores e venres, traballo por recunchos e especialistas
-Martes, obradoiros(elaboración de murais, actividades na PDI, manualidades, pintura, traballo en grupo,...)












-Xoves, biblioteca e Inglés
Ademais, este curso, estamos empezando a introducir actividades de ABN, un xeito diferente de traballar a lóxica-matemática  que estamos vendo que dá moi bo resultado para afianzar conceptos tan abstractos para os nenos/as como son os números.





Así, realizamos actividades para traballar a serie numérica



Para traballar a relación entre cantidade e grafía



Incluso a suma e a resta, pois ás veces temos que fixarnos en se hai elementos de menos colocar os que faltan , ou se hai elementos de máis, quitar os que sobran.



Por suposto, tamén traballamos o conteo, e contamos de todo...








E o que nunca pode faltar nunha aula de educación infantil é o xogo libre, e nós xogamos moito, nada máis chegar á clase.








Ademais de todo isto, coidamos plantas, coidamos animaliños, saímos de paseo, facemos actividades conxuntas cos nosos compañeiros e compañeiras,...
Non temos tempo de aburrirnos!!