Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

Happy Easter!!

Xa veñen aí as vacacións de Semana Santa! Este curso, celebrámolas dun xeito moi especial. Primeiro, pasamos unha xornada moi divertida buscando ovos de Pascua polo patio.









Logo, todo o colexio participou nunha degustación de postres típicos de Pascua ingleses, así que tocounos cociñar, pero esta vez en Inglés!!!















E despois de tanto traballar, tocaba comer. Menuda merendola!!








Boas vacacións!!

O noso bosque

Como xa saberedes, estamos a traballar todo o colexio " As fragas do Eume". Durante o primeiro trimestre do curso tivemos unha primeira toma de contacto coas fragas: visitamos as fragas e coñecemos a Derdrín, un trasgo que vive nas fragas do Eume.
Este segundo trimestre do curso, as profes do colexio montaron un fermoso bosque na entrada . Trátase dun bosque moi especial pois nel pódese escoitar, tocar, ulir...





Pero ademais, tamén se poden facer xogos estupendos nos que buscar tarxetas especias con nomes, encargos,..., ou contos fantásticos con fadas, bruxas,...







E nós, sempre moi atentos e atentas, non queremos perder detalle de nada...


jueves

Cabezolos na clase!

Que sorte!!! Valeria trouxo para clase cabezolos!! Temos que coidalos un montón a ver se conseguimos ver como se van transformando en ras!!



 Montamos un pequeno recuncho na clase para telos e poder observalos sempre que queremos.
Dámoslles de comer comida para peixes, aínda que a nai de Valeria dixo que tamén comían leituga.
Cada dous días, máis ou menos, cambiámoslles a auga que trae a profe dunha charca, porque é a auga que a eles lles gusta. Non vale a uga da billa.
Ademais, a clase de 5 anos prestounos o conto "Había una vez un renacuajo", no que se nos explica moi ben todo o proceso.


Aos poucos días xa tiñan patiñas, e un deles estaba xa enorme! A profe colocoulles unhas pedras na pecera para que, o máis grande, se poidera subir a elas, posto que xa estaba no proceso final da súa transformación e xa non podía estar sempre dentro da auga.
Finalmente, sen conseguir ver todo o proceso, antes de marchar de vacacións de Semana Santa fomos levar os cabezolos a unha charquiña con auga porque, o máis grande de todos, estaba constantemente subido na tapa da pecera, coma se quixera marchar...!!





Moita sorte cabezolos!!! Aínda que...este tan grande, sería un cabezolo? A que parece unha lagartixa?



Día da poesía

O 21 de marzo foi o día da Poesía. Os máis maiores do cole sempre participan nun certame de poesía que organiza o Concello de Mugardos, pero nós aínda non temos os anos suficientes para poder participar nese certame, pero si podemos participar en todas as actividades que se organizan no cole para celebrar esa data.
Este ano, aproveitando que era o centenario de Gloria Fuertes, traballamos as súas poesías.
    Puxémonos mans á obra e fomos polas clases buscando letreiros coa poesía que queríamos debuxar e que tiñamos previamente escollida. Uns escolleramos "Como se dibuja una jirafa", outros "Como se dibuja un cocodrilo", outros "Como se dibuja una tormenta"..., todos poemas de Gloria Fuertes.
Así pois, pasamos boa parte da mañá en diferentes clases e con diferentes compañeiros e compañeiras, facendo os nosos debuxos.














 Tivemos moita sorte porque cando tiñamos dificultades para facer algún debuxo, os máis maiores sempre nos axudaban.
Todos os debuxos de todos os nenos e nenas do cole, foronse poñendo polo corredor do primeiro andar. Así, cada vez que imos á biblioteca, mirámolos.





Pero aínda non rematou aquí a celebración do día da Poesía, posto que, como vos contamos ao principio, os máis maiores do cole participaron no certame de poesía que organizou o Concello, e....adiviñades quen gañou?  Martín Pazos Ocampo de 6º de Primaria.
Moitas felicidades Martín! Noraboa!


Martín con algúns dos seus compañeiros de clase