Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

jueves

Xa temos bolboretas!!

Que sorte! A profe pensaba que non ía dar tempo a que as bolboretas saíran do casulo, pero si, xa temos bolboretas!!!







E parece que xa temos garantizado que o vindeiro curso tamén teremos ovos!!

Saída fin de curso

Outro ano máis quedamos sen facer a saída de fin de curso que tiñamos prevista. Que mala sorte!!! Pero bueno, non pasa nada, saír, saímos igual, e ademais tamén o pasamos moi ben porque, ao final, do que se trata, é de pasar un bo rato xuntos, e para iso non precisamos irnos moi lonxe. O parque que hai preto das Casas Baratas de Mugardos foi o lugar escollido, e alí xogamos ata que nos cansamos!!! E ademais tivemos a gran sorte de que nos acompañaron os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria. Menuda tropa!!!











A ver se o vindeiro curso temos máis sorte e podemos visitar dunha vez por todas Aldea Nova!!!

viernes

Brown bear

Xa estamos rematando o curso e seguimos tendo sorpresas no cole!
Nesta ocasión visitounos Victoria, da Asociación Apelón, e veunos contar un conto moi chulo en Inglés!


Moitas grazas Victoria, gustounos moito o teu conto!!

lunes

As eirugas xa comezaron a traballar!!

Que sorte!! As nosas eiruguiñas xa comezaron a facer os seus casulos!!



Temos que darlles moito de comer, a ver se temos sorte e nos dá tempo a ver sair algunha bolboreta antes de que remate o curso. Menos mal que este día fomos de paseo e enchemos unha bolsa de follas de moreira de Apelón!


Contacontos: "Por cuatro esquinitas de nada"

Menuda sorte temos!!! Os nosos compañeiros e compañeiras máis maiores non fan máis que prepararnos contos!! E nós encantados/as de disfrutalos!!
Nesta ocasión Lola, unha compañeira de 5º de Primaria, preparou coa axuda de Carolina o conto "Por cuatro esquinitas de nada"





Moitas grazas chicas!! Encantounos o conto!!

miércoles

Estas eiruguiñas continúan crecendo!!

As nosas eirugas son unhas larpeiras e non deixan de comer! Agora xa están tan grandes que xa podemos collelas!!







Fan unhas cóxegas!!

Exposición sobre o chocolate

Os nenos e nenas da clase de 5 anos estiveron traballando sobre o cacao e o chocolate, e xa en días anteriores nos contaran algunhas cousas sobre o mesmo. Nesta ocasión montaron unha exposición súper chula sobre o chocolate e, por suposto, invitáronnos a vela.


Nós acudimos moi gustosos á súa invitación, e todo o que nos contaron e amosaron pareceunos moi interesante.



















Moitas grazas pola invitación!! Encantounos a vosa exposición!!

lunes

Organización da clase durante o curso

Durante este curso organizamos a clase en pequenos recunchos: recuncho de lóxica-matemática, recuncho de lectoescritura e recuncho de plástica.
 Xa o curso pasado nos organizáramos en tres equipos: equipo azul, equipo verde e equipo amarelo
( se recordades, estos equipos decidíramolos así despois de traballar o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo", aínda que no presente curso escolar, os membros dos equipos variámolos pois marcharon algúns nenos/as e viñeron outros novos).
Cada equipo ten un/unha miniprofe que se vai cambiando máis ou menos cada mes. O/A miniprofe é o encargado de facer as pequenas rutinas diarias como mirar quen falta, poñer a data, o tempo, repartir os vasos para beber, os manteliños para a merenda, ou axudar aos membros do seu equipo cando o precisen.






Os equipos van rotando polos tres recunchos durante tres días á semana, de xeito que cada equipo pasa polos tres recunchos, tocándolle cada día un . Os equipos están nos recunchos aproximadamente unha sesión de traballo, arredor de 50'. Cada semana, en cada recuncho, propóñense tarefas e actividades, de tal xeito que primeiro hai que realizar a tarefa antes de pasar a actividade. A comezos de semana, explícase o traballo a realizar durante eses tres días, e así, so con fixarse na explicación que figura en cada recuncho, xa todos/as saben o que teñen que facer.



As tarefas poden ser relacionadas co proxecto de traballo que se está a traballar ou tarefas tipo.




As actividades serán sempre moi variadas

Pinchitos para facer series, figuras, traballar a motricidade fina, a coordinación ollo-man, a creatividade...

Estampación de letras

Xogos no ordenador para traballar a lóxica-matemática, a creatividade, a atención, ou actividades preparadas pola mestra para traballar aspectos relacionados co proxecto de traballo




Mirar, observar, "ler" libros 



Resolver crebacabezas, dominós, facer parellas,...

Modelar libremente coa plastilina


Facer colares seguindo un código ou libremente

Construír

Coser


Con todas estas actividade traballamos os diferentes contidos curriculares de educación infantil.
Ademais, cada día colócase unha axenda con imaxes para saber en todo momento o que toca facer: colgar abrigos e poñer mandilóns, xogo libre, asamblea, traballo por recunchos ou especialistas (inglés, relixión ou atención educativa, psicomotricidade, música), hábitos de hixiene, merenda, contos, recreo, bebemos, quitamos mandilóns e poñemos abrigos, marachamos para casa...


Así, o horario de aula sería máis ou menos o seguinte:
-Luns, mércores e venres, traballo por recunchos e especialistas
-Martes, obradoiros(elaboración de murais, actividades na PDI, manualidades, pintura, traballo en grupo,...)












-Xoves, biblioteca e Inglés
Ademais, este curso, estamos empezando a introducir actividades de ABN, un xeito diferente de traballar a lóxica-matemática  que estamos vendo que dá moi bo resultado para afianzar conceptos tan abstractos para os nenos/as como son os números.





Así, realizamos actividades para traballar a serie numérica



Para traballar a relación entre cantidade e grafía



Incluso a suma e a resta, pois ás veces temos que fixarnos en se hai elementos de menos colocar os que faltan , ou se hai elementos de máis, quitar os que sobran.



Por suposto, tamén traballamos o conteo, e contamos de todo...








E o que nunca pode faltar nunha aula de educación infantil é o xogo libre, e nós xogamos moito, nada máis chegar á clase.








Ademais de todo isto, coidamos plantas, coidamos animaliños, saímos de paseo, facemos actividades conxuntas cos nosos compañeiros e compañeiras,...
Non temos tempo de aburrirnos!!