Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

Teatro na escola e unha pócema moi especial!!

Menuda sorpresa nos prepararon os nosos compañeiros e compañeiras de 5º de Primaria!! Fixeron un pequeno teatro dun conto que nós xa coñecíamos e que nos gusta moito: "O Señor Mago e a folla"


E non sabedes quen trouxo o conto para que no lo contaran... Dominicus o dragón!!! A mascota da biblioteca do colexio!!! Por fin o coñecemos...xa nos tardaba!!


Chegou voando co conto na boca...e como chegou, así marchou... Polo visto tiña présa e non se puido quedar con nós.
Pero o xeito de contarnos a historia do mago Antón das compañeiras de Primaria, encantounos!! Carolina facía o papel de Mago Antón


E Lola e Olalla, narraban a historia


Gustounos un montón!!
Cando remataron, resulta que Dominicus lle deixara un encargo a Cuqui: ao parecer, o libro das pócemas do Mago Antón estaba en branco...desapareceran todas as pócemas que el tiña, así que Dominicus deixounos o encargo de encher outra vez ese libro coas nosas pócemas...


Pois tíñámonos que poñer mans á obra e inventar unha pócema para o libro do Mago Antón: había que axudalo!!


Nós decidimos facer unha pócema de amor, para levarnos todos ben, non discutir, non pelexar...
Decidimos tamén que, para poder facer a pócema íamos precisar os seguintes ingredientes:


ovos, fariña, auga, flores e pétalos, azúcar, follas e boliñas de acivro, purpurina e moitos, moitos, mimos.

Comezamos a elaborar a nosa pócema. Primeiro cascamos ovos e batémolos








A continuación engadimos a fariña e continuamos misturando






Despois tocoulle á auga



ao azúcar, que ademais era azúcar moreno



Logo foi o turno das flores, dos pétalos, do acivro e das boliñas de acivro. Estes ingredientes, antes de engadilos á pócema, machacámolos un pouco.






Xa so nos quedaba a purpurina


e os mimos


E pócema lista!!


Pois xa nos quedaba o último paso: ir polas clases esparcindo a nosa pócema...Agardamos que faga efecto...



Que seguro que si, porque ademais temos as nosas propias palabras máxicas: Abra cadabra, que apareza o amor! Ademais, estas palabras máxicas aprendemos a dicilas en varios idiomas: no idioma dos ananitos, no idioma dos xigantes, e no máis difícil de todos, o idioma das sereas!
Con tanto traballo que nos costou, seguro que funciona!!!

lunes

Aniversario de Gabriel

Agora si que podemos dicir que somos a clase de 4 anos pois xa cumplimos todos 4!!! So quedaba Gabriel e xa celebramos o seu aniversario. Moitas felicidades Gabriel!! Benvido ao clube dos 4 anos!!