Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

Imos ao teatro!!

Todos os anos imos ao teatro e este non ía ser menos así que, moi animados, montamos no bus e dirixímonos ao Auditorio Municipal de Narón a ver a obra " Rosa Caramelo e outras historias"



Quedamos un pouco decepcionados coa historia, pois nós estabamos agardando a que apareceran elefantes pero non os vimos por ningunha parte!!
De todos xeitos, sempre é unha experiencia ir todos xuntos de paseo, e ademais, o conto de Rosa Caramelo é moi bonito e a nós gústanos un montón.


Magosto 2016

Este ano tamén celebramos o Magosto, e o certo é que disfrutamos un montón con todas as actividades que fixemos. A primeira delas foi o obradoiro de colares de zonchos. Así, mentres íamos vendo unha película, en pequenos grupos facíamos os colares coa axuda das profes.



Cando xa cansamos de ver pelis, xogamos todos/as xuntos, compartindo, divirtíndonos e disfrutando da compañía dos amigos/as.








Pero imos cos colares, que aínda que parecen moi doados de facer, levan o seu tempo.









Pero ao final, quedáronnos uns colares moi chulos.



Ademais desto, vimos e observamos con moito interese, a exposición que montaron os maiores do outono.





Prestamos especial atención a un mural que dicía: Polo San Martiño, peóns ao camiño. Así que para o San Martiño, data na que tamén íamos celebrar o Magosto, fixemos uns peóns, ou tamén chamados buxainas, para bailalos e xogar con eles ese día.







O día do Magosto, saímos ao patio e todos xuntos comezamos a bailar as nosas buxainas.





Pero aínda faltaba o máis importante: a actuación de Paco Nogueiras!! Tantas veces que bailamos no cole cancións del e resulta que ímolo ter no cole, cantando para nós!!!  Que ben o pasamos!!












E xa so nos quedaba disfrutar dunhas ricas castañas asadas.... Menudo Magosto, que ben o pasamos!!!



Non queremos darvos envexa, pero disfrutade un pouquiño da nosa festa...

video

Isto é unha festa, e o demais son contos!!!

Samaín 2016

Este ano, para celebrar o Samaín, decoramos a entrada do colexio cunhas cabazas terroríficas, outras divertidas,..., que fixemos na casa coa axuda da familia.




Para os máis maiores, incluso houbo concurso de cabazas


E o encargado de entregar os premios non foi outro que o irmá de Gabriel, aínda que con ese disfraz non había maneira de recoñecelo.


As nosas cabazas, estaban todas tan chulas, que nos deron a todos/as caramelos especiais, que manchaban a boca!!!





Pero ademais, os nenos e nenas de 3º de Primaria, prepararon unha presentación de power point co conto "A bruxa regañadentes", que subimos todos/as a ver á biblioteca.


Por último, coa axuda dos nenos e nenas máis maiores, fixemos unhas figuras de arxila que logo pintamos e levamos para casa.




Menudo Samaín nos pasamos!!!