Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

Coñecemos a Dominicus...

Este día subimos á biblioteca do colexio e a profe contounos a historia dun dragón moi especial: Dominicus o dragón.




 Resulta que este dragón é o dragón da nosa biblioteca!!! E cando nos estaba lendo a historia, chegou a profe Cuqui co correo, e resulta que tiñamos unha carta para nós!!! E non vos imaxinades quen nola escribía!!! Dominicus o dragón!!! Pero, como é posible? Se precisamente estabamos a falar del!!!





Na súa carta Dominicus invitábanos a volver outro día a coñecelo, e a aprender as normas da biblioteca para poder empezar a levar libros para casa. Así que, niso estamos, apredendo como funciona esta biblioteca tan grande para poder levar libros . Xa nos tarda, pero ata que aprendamos ben como facelo Dominicus non nos deixa, así que estamos facendo prácticas para comezar co préstamo o antes posible

miércoles

Dámoslle a benvida ao outono

Rematou o verán e comezou o outono, e nós queremos darlle a benvida pintando un bonito mural para decorar a clase. Primeiro pegamos uns debuxos moi chulos que tiña a profe, e logo, con moito tino e con acuarelas, pintamos unha paisaxe de outono.



E este foi o resultado. A que nos quedou moi chulo?



lunes

Aniversarios do verán e do mes de setembro

Que mellor maneira de comezar o curso que facendo unha festa: celebramos os aniversarios de Inés, Noelia Argüelles, Mariña, Candela e Jeremaia.
Moitas felicidades para tod@s!!







Benvida aos novos compañeir@s

Saúdos a tod@as!! Xa estamos de volta un curso máis!!  E temos varias novidades: Os nosos compañeiros René e Leo marcharon para outros centros. Agardamos que teñan moita sorte e que se atopen moi ben nos seus novos colexios. Pero viñeron dous compañeir@s novos: Candela e Jeremaia. Agardamos que estedes moi content@s entre nós.  Benvid@s!!