Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

Rematamos o curso

Xa se remata o curso, e nós atrevémonos cunha actividade moi chula para poñerlle punto e final ao curso 2015/2016: estudar e traballar ao pintor Vasily Kandinsky.
Aprendemos un pouquiño da súa bibliografía, observamos, comentamos e amosamos os nosos gustos e preferencias polos seus cadros, sen coñecer os títulos dos seus cadros e so con observalos, poñémoslles os nosos propios títulos, ..., e por suposto, elaboramos as nosas propias versións da súa obra.






Con todos eses traballiños montamos unha exposición cos nosos compañeiros/as de infantil, que tamén traballaron outros artistas. Agardamos que cando a vexades vos guste moito.

Ademais, coa chegada da fin de curso, chega tamén o festival, no que vos amosamos os grandes artistas que somos. Nesta ocasión queremos amenizarvos cunha actuación moi especial cos nosos compañeiros/as de infantil: "Perico Pérez"







Co guapos e guapas que nos puxemos para a ocasión, seguro que vos gusta un monton!!

Ademais, tamén disfrutamos dunha actuación duns pallasos moi simpáticos grazas á colaboración da ANPA.






Bo varán a tod@s!!!  Ata o vindeiro curso!!!

jueves

PDI

Está rematando o curso e xa nos manexamos moi ben coa Pizarra Dixital Interactiva, e se non, fixádevos: buscamos e repasamos formas xeométricas



resolvemos puzzles...



O vindeiro curso seguro que xa seremos uns expertos/as.

Iniciámonos no traballo por recunchos

Este terceiro trimestre do curso iniciámonos no traballo por recunchos coa idea de, o curso que vén, realizar o noso traballo dese xeito durante todo o curso. Así, aprendemos que os recunchos teñen unhas normas, que non podemos cambiar de recuncho ata rematar a actividade, ... Nestes comezos do traballo por recunchos funcionan os seguintes: recuncho de plástica, de lóxica e de lectoescritura.
Así, no recuncho de lóxica relizamos actividades de conteo, puzzles, atención, cores...





No recuncho de lectoescritura traballamos coas letras, miramos contos,...


E no recuncho de plástica realizamos actividades como pintar, modelar,...



Estas actividades realizámolas en equipo, colaborando e axudándonos sempre que o precisemos.

Experimento coas plantas

Lembrades que cando plantamos sementes na clase, fixemos un experimento no cal deixábamos unha planta sen auga, outra sen luz e outra sen terra?


 Pois ben, o resultado foi o que esperábamos.  Só saíron adiante as sementes que plantamos no algodón, pois según nos explicou o noso compañeiro Leo, el plantara sementes en Perú en algodón e naceran as plantiñas. E é que, con este pequeno traballo, aprendemos que as plantas precisan auga, terra e luz para nacer e crecer.


E efectivamente nós poidemos comprobar que é así, pois o resto das sementes que plantamos puxéronsenos así de bonitas. É máis, o conserxe do cole, Martín, comprometeuse coa profe Pili, a trasplantalas para o xardín do cole.


Á volta das vacacións de verán buscaremos as plantiñas polo xardín.

Unha merenda especial

Despois da visita tan chula que fixemos á Casa do Mel, quedáronnos ganas de probar novamente ese mel tan rico que nos deron, así, aproveitando un dos días que merendamos pan no cole, organizamos un pequeno picnic e merendamos pan con mel.


Algúns chupámonos os dedos... e outros non tanto...




Pero unha merenda así... vale a pena