Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

lunes

A casa do mel

O venres día 3 de xuño fixemos unha saída didáctica á Casa do Mel en Goente, As Pontes. Alí aprendemos un montón de cousas das abellas, vimos unha colmea, fixemos velas coa cera das abellas, probamos o mel,.. Pasámolo pipa!!!






 Vestímonos de apicultores





 A profe non quixo ser menos e tamén se visteu de apicultor




 Miramos unha colmea e unha exposición que había alí montada






 Mirade que fotos máis chulas!!





E outra vez a profe!! É peor que unha nena pequena!!


 Unha paradiña para merendar...







 E de novo a traballar...e a retratarse o que aínda non o fixera








O mel non nos gustou a todo@s...pero probámolo











Pasámolo xenia!!l e queremos animarvos a volver outro día en familia porque ademais as persoas que se encargan da visita son encantadoras. Animádevos!!

Os incendios forestais

Coa chegada do bo tempo, a Consellería de Medio Rural establece un Plan de Divulgación e Sensilbilización sobre os incendios forestais nos centros educativos. Este curso tocou que viñeran ao noso cole a contarnos o perigoso que é o lume para os bosques e que podemos facer para que isto non suceda.
Primeiro contáronnos un conto da Carapuchiña Vermella, pero era un conto moi especial no que o lobo era un vixiante do bosque e o cazador non era tal, senón un garda forestal.








Logo, no patio, contáronnos todo o que precisa un garda forestal para coidar e vixiar os bosques, e para apagar os incendios forestais.





Ademais, ensináronnos un camión que utilizan para apagar o lume e deixáronnos montar nel!!






Foi unha mañá inesquecible!!