Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

lunes

Letras Galegas 2016

Este ano o día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María. Dende o cole quixemos celebrar esta data montando unha exposición sobre este poeta na biblioteca municipal de Mugardos. Para poder facela tivemos que poñernos mans á obra un mes antes, e o certo é que fixemos un montón de cousas:
Aprendemos e traballamos un poema de Manuel María adicado ao caracol.
Elaboramos, entre todas as clases de EI, un mural sobre o caracol










 Os da clase de 3 anos fixemos caracoles con plastilina, coloreamos e decoramos mandalas sobre caracoles





Cada equipo fixo o seu caracol







Ao final quedounos unha exposicion moi chula






Participou todo o cole e as familias tamen, pois nos axudastes a elaborar unhas bolboretas moi chulas que utilizamos para decorar toda a biblioteca. Grazas.
Non deixedes de visitar a biblioteca de Mugardos pois se a visitades con moita atencion, non so poderedes ver cousas moi chulas, senon tamen escoitalas...



miércoles

As nosas eirugas

Mirade canto creceron as nosas eiruguiñas!!!



Están enormes!!! E comen un montón!!!
A case tod@a nos gusta collelas...fan cóxegas, son suaves...






Ademais, algunha está tan gorda, que xa empezou a facer o seu casulo!!!


Como crecen tanto, teñen que mudar a súa pel, igual que fan as serpes. Fixádevos como son as peles que van deixando...


Para velas mellor, a profe utilizou o microscopio especial...


E así poidemos ver as peles moito mellor.

Aí van un par de videos...