Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

Aniversarios do mes de abril

Cantas nenas cumpliron anos en abril!!!  Nada máis e nada menos que cinco!!!






Moitas felicidades a todas elas!!!


As plantas

Como estamos na primavera e é a época de plantar bulbos, sementes,..., decidimos, xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, facer unha pequena plantación na clase.
O primeiro que fixemos foi decorar uns vasos de iogur que nos ían servir como macetas.




Logo tocaba encher as macetas de terra.






Logo tocaba escoller as sementes que queríamos plantar e mentelas na terra.






Por último, xa so nos faltaba regar...



e agardar que apareceran as plantiñas. Non tardaron moito en aparecer, polo que decidimos adornalas un pouquiño máis e levalas para casa como agasallo. Mirade que chulas nos quedaron!!


Ao mellor este agasallo pode ser para mamá...gustaralle? Agardamos que si...

Como aínda nos quedaron algunhas sementes sen xerminar, decidimos facer un experimento.
Estivemos aprendendo que as plantas precisan auga, luz e terra para vivir, así que... que pasaría se non regamos unha planta? E que pasaría se tapamos unha planta para que non teña luz?
Ademais, o noso compañeiro Leo, contounos que no seu cole de Perú tamén plantaron, pero non en terra: plantaron en algodón. Que pasará se plantamos as nosas sementes en algodón?


Pois niso estamos: temos unhas sementes que non estamos regando, outras sementes en algodón, e outras sementes tapadas cun caldeiro de xeito que non lles entra a luz. Que pasará?  Se queredes sabelo estade atentos que en breve volo contaremos...

Día do libro

O 23 de abril foi o día do libro e durante toda esa semana, no cole, fixemos varias actividades para conmemoralo.
Tivemos a sorte de asistir a un contacontos con maxia que nos gustou un montón e que nos contou a historia de" Brancaflor". Esta actuación temos que agradecerlla a antiga ANPA, que nola deixara contratada para este curso.





Ademais, fixemos unha actividade moi chula coa axuda dos nosos compañeiros e compañeiras máis maiores: aprendemos a facer "gorgueras"













 Estivemos moi atentos e atentas ás súas explicacións, e coa súa axuda fixemos unhas gorgueras chulísimas!! Mirade que guapos e que guapas estamos!!


Parecemos Miguel de Cervantes!!!


Casa dos peixes

No mes de abril visitamos a Casa dos Peixes na Coruña. Esta saída sempre nos gusta un montón!! Ir no bus...


Atender ás explicacións da monitora...



Sorprendernos de todo o que vemos aínda que xa o víramos...


Pero sobre todo, o que máis nos gusta desta saída, é visitar ao tiburón Gastón...


E visitar as focas..., aínda que desta vez tivemos que velas rapidamente porque chovía un pouquiño, pero tamén poidemos observalas dende dentro...


En definitiva, encántanos visitar a Casa dos peixes!!!

jueves

Día da poesía

Os compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria elaboraron unhas poesías chulísimas chamadas "haicus". Son un tipo de poesía propia do Xapón e como lles quedaron moi bonitas decidiron presentalas ao concurso de poesía que se celebrou no Concello de Mugardos. A este concurso presentouse moita xente así coma os coles de Mugardos. Lorena, a nosa compañeira de 6º de Primaria, resultou gañadora do concurso na categoría de ata 12 anos!!!
Para celebralo e para celebrar tamén o día da poesía, recitáronnos os seus "haicus" a todo/as.




Moitas felicidades Lorena!!! E a continuar escribindo así de ben!!!