Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

miércoles

Correo pendente

No mes de febreiro celebráramos o día de Rosalía de Castro e mandáramos por correo unhas tarxetas postais cun anaquiño dunha das súas poesías. Como Inés, Valeria e Marcos non as poideron enviar porque estaban enfermos...por fin coincideu que viñeron os tres ao cole e xa as poideron mandar...Agora toca agardar pacientemente a que lles chegue ás súas casas.


Aniversario de René

Este mes de marzo cumpleu anos René. Moitas felicidades René!!! Parabéns!!!


Coa primavera...chegan as eirugas de seda!!!

Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, atopámonos cunha sorpresa na clase: a profe levou unha pequena caixa de zapatos na que agochaba uns oviños moi pequeniños dos que estaban empezando a saír unhas eiruguiñas que case non se vían do pequeniñas que eran!!! Para poder velas tivemos que utilizar unha lupa!!!








A profe prometeu coidalas durante todas as vacacións de Semana Santa...e á volta das vacacións xa creceran un pouquiño máis!!!




Fixádevos como deixan a folla...cómena case toda!!! É que a estas eirugas só lles gusta comer unha cousa: follas de moreira


De todos xeitos, para que poidésemos velas ben, e coa axuda dun microscopio especial, a profe proxectou as eirugas na pizarra dixital que temos na clase.




Agora si que as vemos moito mellor!!! E imos aprender un montón de cousas sobre estas eiruguiñas...

Piruletas de chocolate para papá

O 19 de marzo celebramos o Día do pai, así que puxémonos mans á obra para intentar sorprender a todos os papás con algo moi doce.
Coa axuda da profe Ruth e da profe Laura fixemos unhas piruletas de chocolate riquísimas!!!









E este foi o resultado. A que teñen boa pinta?


Menudas reposteiras que están feitas as profes!!! A verdade é que tiveron moito traballo porque durante esa semana faltaron moitos nenos/as...os virus apoderáronse do cole...


Bueno papis, pois agora só queda que as disfrutedes (se vos deixan). Bo proveito e feliz día!!!

jueves

Poñemos en funcionamento os nosos sentidos

Estamos a traballar o corpo, e aínda que no primeiro trimestre xa nos iniciamos co traballo das emocións e dos sentidos, agora estamos a profundizar un pouco máis. Así que poñemos a traballar o sentido da vista




e observamos unha mandarina; a súa cor, a súa forma...

Poñemos en funcionamento tamén o sentido do olfacto



Ule ben a mandarina?


E o kiwi? Que tal ule?

E que tal se poñemos a funcionar o sentido do oído? Diranos algo a mandarina?




Igual se estamos en silencio escoitamos algo...


E o kiwi, dinos algo?

Poñamos a funcionar o sentido do tacto




Como é a mandarina ao tacto? É suave ou rugosa? Está quente ou fría?


E o kiwi, cómo é ao tacto?
Agora so falta poñer a funcionar o sentido do gusto, así que levaremos para casa unha mandarina e tomarémola de sobremesa ( estes serán os nosos deberes)

Pero antes de marchar, que tal se facemos unha serie?






Pois quedounos ben chula!!




Musical: "El libro de la selva"

O 10 de marzo tivemos a sorte de poder asistir ao musical "El libro de la selva", no Pazo da Cultura en Narón.






Antes de asistir ao musical, poidemos ver unha pequena exposición de traxes rexionais que había no hall do Pazo, e logo xa tomamos posicións para disfrutar dun musical que nos gustou un montón!!







E mirade que fixemos un día coa profe Silvia!!


Modelamos con plastilina personaxes do musical "El libro de la selva"