Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

ENTROIDO

Menuda semana pasamos...!!! Non paramos nada...!!! E todo comezou cando, un día, en Apelón, a profe preguntounos: quenes eran os romanos?...  Nin idea...
Pois para poñerlle remedio a isto, fomos á clase dos nenos e nenas de 5 anos, e como eles estaban estudando aos romanos, xa fomos aprendendo algunha cousiña sobre eles.









Despois das leccións maxistrais dos nosos compañeiros/as de 5 anos, decidimos que este ano íamonos disfrazar de romanos, pero non de calquera romano, de Julio César!!
Coa axuda das familias elaboramos os disfraces, e nós fixemos as coroas de loureiro e decoramos os disfraces con series de pequeno azul e pequeno amarelo.
Pero non todo ía ser de romanos...
Os compañeiros/as de Primaria viñan todos os días á clase para contarnos e cantarnos como nos tiñamos que disfrazar cada día!!







 Así, tivemos que vir co pixama...



Cos zapatos diferentes...




E co pelo adornado...




Pero por fin, chegaba o gran día... Participar no desfile disfrazados de romanos!!
Pero antes de prepararnos para o desfile, había que merendar, así que as familias preparáronnos unha súper merenda e viñeron merendar con nós!!!






Despois de encher os bandullos tocaba disfrazarse... e así de guapas e guapos nos puxemos!!







E xa estábamos listos/as para desfilar polo pobo!!!





Moitísimas grazas a todos os papás e mamás que nos axudaron e acompañaron, e tamén aos músicos, que nos amenizaron con moito ritmo todo o percorrido!!


Grazas a todos/as e bo Entroido!!!

jueves

"Palomitas de maíz"

E seguimos de celebración...!!! Estamos tan contentos/as de estar no cole novo, que a profe Ángeles trouxo un palomitero para facer flocos de millo... Que ricas estaban...Había un arrecendo por todo o cole...










Puxémonos as botas!!! Seguro que isto o repetimos...

Día da Paz

O 29 de xaneiro celebramos, todo o cole, o Día da Non Violencia e da Paz. Ademais, celebrámolo no cole novo...estábamos súper nerviosos: día de celebración, cole novo... Demasiadas emocións xuntas.
O primeiro que fixemos para celebrar o Día da Paz foi decorar unhas pombas para agasallar a todas as clases de Primaria e contarlles que xa estamos con eles, no cole novo, e que chegamos para quedarnos...










 Ademais, tamén elaboramos muiños de vento e corazóns para decorar o cole


Logo, con todos os compañeiros e compañeiras de Primaria vimos unha bonita película: O Principio
E tamén saímos ao patio, aproveitando que estaba unha bonita mañá, para continuar celebrando o Día da Paz con cancións, música,...





 Pasamos unha mañá inolvidable!!!