Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

jueves

Festa de Nadal

Para rematar o primeiro trimestre acudimos a unha xornada de festa ao cole de Catro Camiños. Foi unha mañá completa. Primeiro disfrutamos da actuación dunha maga gracias á ANPA, que xa a deixara contratada  para estas datas.



Logo tocaba merendar, pero non calquera cousa, ... , hoxe tiñamos de merenda turrón de chocolate, polvoróns, ... Puxémonos as botas!!!





E para rematar, unha visita moi especial: as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente!!!






 Moitísimas grazas a estes Reis Magos tan especiais!!!  Grazas!!!

Aprendemos a cociñar

A profe Ángeles quere ensinarnos a cociñar, así que puxémonos mans á obra. Primeiro de todo, que imos facer? Pois faremos un biscoito, e aí van os ingredientes que precisamos:



E os utensilios que precisamos...


E unha vez que temos todo o que precisamos, poñémonos mans á obra.









Pouco a pouco imos engadindo os ingredientes e misturándoos...








Como temos as mans limpas, pois antes de poñernos coa faena lavámolas ben lavadiñas, tamén misturamos coas mans.









Pero todo isto hai que probalo, a ver que tal está...





Parece que está rico...así que ao forno con el...

Despois de agardar un pouquiño, probamos o resultado final.




E tan rico está que decidimos levarlles a proba aos nosos compañeiros/as de 4 e 5 anos.









E non só a eles, senón tamén a vós, así que decidimos facer outro e convidarvos a unha pequena merendola, e esta vez tamén se animaron a cociñar os nosos compañeiros e compañeiras.





Moitísimas grazas a todos/as por vir!!!