Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

lunes

ANIVERSARIO DE GABRIEL

Este mes de novembro estivo de aniversario o noso compañeiro Gabriel.


Moitas felicidades Gabriel!! Xa tes 3 anos!!

jueves

TEATRO NO AUDITORIO MUNICIPAL DE NARÓN

O mércores 25 de novembro asistimos a unha representación teatral no Auditorio Municipal de Narón: "O País dos Mandóns", da compañía teatral Ghazafelhos


Levábamos varios días traballando este conto, posto que ademáis nesa data celebrábase tamén o día contra a violencia de xénero, e neste conto trabállase principalmente a igualdade.


Era a nosa primeira saída todos xuntos en autobús,e pasámolo xenial.








E a representación teatral encantounos, posto que coñecíamos o conto e sabíamos en todo o momento o que ía suceder.





E os actores eran moi simpáticos e fixéronnos rir un montón.



Gustounos moito a experiencia, e estamos máis que preparados para repetila!!!

domingo

CONTINUAMOS EXPERIMENTANDO COAS CORES

Isto xa comeza a ser un proxecto, pois xa somos capaces de contestar ás preguntas que sabemos das cores?  e que queremos saber?


Despois de falar e comentar largo e tendido decidimos que queríamos saber cómo se facía a cor rosa, así que comezamos a plantexar as nosas hipóteses as cales, de seguido, nos puxemos a comprobar.
Primeiro quixemos averiguar se misturando as cores negra e branca podíamos conseguir a cor rosa, pero resultou que conseguimos a cor gris.




Logo quixemos misturar a cor vermella e a cor azul, que aínda que xa sabíamos que nos saía a cor lila, igual se misturábamos ben saíanos a rosa, porque a cor rosa e a lila son parecidas...Pero non, saiu lila.




Seguidamente probamos a misturar a cor negra e a cor vermella...pero tampouco, saiunos unha cor similar á cor granate.




Logo probamos a misturar a cor branca e a cor amarela, e descubrimos que nos saía a cor amarela pero máis clariña.




Probamos agora coa cor azul e a cor branca...pois tampouco nos saiu a cor rosa, pero descubrimos que nos saía un azul máis claro.




Xa comezábamos a desesperar... Probamos agora misturando a cor negra e a cor azul...pero saíunos unha cor moi escura...



Finalmente misturamos a cor vermella e a cor branca e... por fin!!! Conseguímolo!!! Saiunos a cor rosa!!!





A verdade é que tivemos que facer unha chea de intentos, pero ao final valeu a pena, pois non só aprendemos que a cor rosa conseguímola misturando a cor vermella e a cor branca, se non que tamén aprendemos que se misturamos a cor negra e a cor branca sáenos a cor gris, que se misturamos a cor vermella e a cor negra sáenos unha cor similar á cor granate, e que se misturamos azul ou amarela coa cor branca, saen as mesmas cores pero máis claras.


Como nos quedou un rosa tan chulo, fixemos un traballiño nun folio.




E logo, pintamos no noso mural das cores, utilizando todas as cores que conseguimos facendo as misturas.







Pero isto aínda non remata aquí... continuaremos investigando...

miércoles

MAGOSTO

Estamos en tempo de outono, e non hai mellor maneira de celebrar esta estación do ano que cunha festa tradicional como é a festa do MAGOSTO. Para nós, será a primeira celebración deste tipo no colexio, polo que queremos esmerarnos moito para que saia todo ben.
Coma todos os anos, en infantil facemos unha serie de actividades típicas desta festa. A primeira delas é a elaboración de "colares de zonchos", e para practicar e poder facer ben esta actividade, primeiro practicamos facendo colares ensartando diferentes formas.







Seguidamente cada neno/a trouxo da casa unhas pouquiñas castañas cocidas para facer os colares, e pouquiño a pouco e con moito coidado, puxémonos mans á obra.









Despois de moito traballar, este foi o resultado. A que nos saíron moi ben?


Pero aínda nos quedaban moitas máis actividades e sorpresas, como pasar unha  xornada no cole dos maiores!!! O primeiro que nos atopamos cando fomos ao cole de Catro Camiños foi que os rapaces e rapazas de 6º de Primaria nos tiñan preparado un contacontos con sombras chinesas. E cal foi a nosa sorpresa cando o conto que nos ían representar era un conto que estabamos traballando coa profe Ángeles: "Corre, corre cabaciña". Encantounos!!!






Despois deste divertido conto e aproveitando que estaba unha mañá bastante boa, decidimos saír de paseo a un parque próximo ao cole e recoller alí follas secas, xogar con elas, observar as árbores,..














Despois deste pequeno paseo estábamos un pouco cansos, así que de volta ao cole tocaba beber un pouquiño, visitar os baños e tomar un par de galletas para tapar o furadiño que tiñamos na barriguiña pensando nas castañas asadas que nos íamos tomar despois.
Pero continuaban as sorpresas. Esta vez participamos nun obradoiro de instrumentos musicais galegos que estaba montado no patio cuberto e que nos explicaron dous artesáns da comarca do Barbanza que viñeron ao cole para amosarnos a todos/as a música tradicional galega.












E xa non podíamos agardar máis...tíñamos fame de castañas asadas!!!  Meu dito meu feito... A comer castañas!!!






Pero a festa continuaba e aínda faltaba o mellor... Música, monicreques...




O cú xa non nos paraba no chan, e cando a profe Paula (a nosa profe de Música) colleu unha gaita e se puxo a tocar tamén, non nos poidemos aguantar e comezamos a bailar!!!




Pasámolo pipa!!! Isto si que é unha festa...!!!