Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

domingo

CONTINUAMOS EXPERIMENTANDO COAS CORES

Como xa sabedes, estamos a traballar coas cores. Velaí van uns cantos experimentos máis.
EXPERIMENTO 2
O papel celofán é un papel moi especial porque se miramos a través del, veremos as cousas da mesma cor que a cor  que teña o papel celofán.
Que pasará se miramos a través dun papel celofán azul? E dun papel celofán amarelo? E que pasará se superpoñemos un papel celofán azul e amarelo?
Despois de plantexar preguntas (problemas), e de establecer hipóteses, experimentamos e comprobamos.











EXPERIMENTO 3
Que pasará se engadimos á auga pintura amarela e remexemos? E se engadimos pintura azul? E se engadimos pintura vermella? E que pasará se engadimos á auga dúas cores?
Despois de plantexar varias cuestións e formular as nosas hipóteses, experimentamos e comprobamos, e levámonos algunha que outra sorpresa, xa que misturamos na auga pintura azul e vermella, e saiunos a cor lila!!!









EXPERIMENTO 4
Que pasará se mezclamos plastilina azul e amarela?
Despois de plantexar o problema e formular as nosas hipóteses, manipulamos libremente plastilina e logo facemos as comprobacións pertinentes. Como xa pensabamos, coa mistura conseguimos plastilina de cor verde.







Que vos parece? Continuade atent@s pois isto aínda non rematou...

martes

EXPERIMENTAMOS COAS CORES

Pouco a pouco imos iniciando pequenos proxectos de traballo que van saíndo ao falar na asemblea ou ao contar algún conto, algo que sempre resulta moi positivo e moi doado para ir iniciando aos nenos/as nos proxectos de traballo.
Así, partindo do conto "Pequeno Azul e Pequeno Amarelo", iniciamos o noso primeiro proxecto de traballo co obxectivo principal de disfrutar experimentando coas cores.
Neste proxecto, o que propoño aos nenos/as é realizar cada semana algúns experimentos coas cores, de tal xeito que, partindo de preguntas que fago aos nenos/as (plantexamento de problemas), os nenos/as vaian aportando as súas respostas (hipóteses), que logo iremos comprobando unha vez que fagamos o experimento (método científico).

1º EXPERIMENTO
Que pasará se misturamos pintura azul e pintura amarela? (plantexamento dun problema)
Respostas dos nenos/as:
Sairá pintura verde, azul, amarela,..(hipóteses)
Comprobamos



Despois de mezclar, "abrazar" e difrutar misturando as cores...


Sorpresa!!! Saiu a cor verde!!!
Seguidamente, recollemos o resultado do experimento nun papel.





E que pasará se misturamos pintura amarela e pintura vermella? (plantexamento do problema)
Respostas dos nenos/as:
Sairá a cor verde, amarela, vermella... (hipóteses)
Comprobamos




Despois de misturar, "abrazar" e disfrutar coas cores...Sorpresa!!! Saiu a cor laranxa!!!



E novamente, plasmamos o resultado sobre o papel.





Se queredes ver máis, estade atentos/as, pois moi pronto aparecerán novas entradas.

ANIVERSARIOS DO MES

O mes de setembro celebramos os aniversarios de Inés, Noelia Argüelles e Mariña



Moitas felicidades ás tres!!!


COMEZAMOS O CURSO

Benvidos a todos/as!!! Comezamos un novo curso escolar cheo de ilusións e gañas de traballar, polo que abrimos esta pequena ventá para amosalo e compartilo con todos vós.
Comeza o curso!!!
Despois de rematar o periodo de adaptación e de vir todos/as moi contentos/as ao cole comezamos a desenvolver, pouco a pouco, o traballo e as rutinas diarias. Así, comezamos a facer pequenos traballos...




que alternamos con momentos de descanso...



de lecer...




e por suposto, deixamos un tempo para a merenda, que co bandullo valeiro non se traballa nada ben