Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

viernes

Xa vén aí o Nadal

O Nadal está a piques de chegar, e nós xa comezamos a celebralo. Estamos a decorar o cole, e o certo é que nos está quedando moi bonito. A profe Ángeles colocou un bonito Belén na entrada.



E a profe Elvira trouxo unha árbore moi grande que estamos a decorar con bólas que estamos facendo nós mesmos.









A profe Margarita, tamén nos trouxo un pequeno Belén e un calendario de Adviento.



Tamén fixemos unhas bonitas estrelas que pegamos nun mural dándolles a forma dunha árbore de Nadal.







Ademais, todas as familias estades colaborando, aportando unhas postais de Nadal preciosas!!!
Moitísimas grazas!!!



MÁIS EXPERIMENTOS COAS CORES

Continuamos o noso camiño na búsqueda de información sobre as cores, e realizamos algúns experimentos máis.
-Experimentamos coas témperas e con espuma de afeitar e do pelo.
Esta actividade está xenial, pero hai que estar disposto/a a mancharse un pouco e, por suposto, a pasalo ben.
Primeiro botamos espuma nas mesas.





A continuación imos botando pintura de diferentes cores sobre ela. Mirade que chulo queda!!



E logo, co pincel, a mezclar e a disfrutar!!














Isto estanos gustando moito, que tal se deixamos o pincel e probamos coas mans?






Así gústanos moito máis!! Mirade que mans!!






Xa só nos queda plasmar  todo isto no noso mural das cores







-Outro experimento, "os vasos comunicantes"
Xa case somos científicos, así que colocamos dous tarros de cristal con auga e con pintura azul e amarela, e no chan colocamos outro recipiente só con auga






A continuación colocamos papel de secar as mans dende os tarros que teñen auga con pintura ata o recipiente que ten só auga.







Qué pasará? ... Deixámolo quedar así ata o día seguinte e... Menuda sorpresa!!! Os papeis están totalmente empapados coa auga de cor!!


E ademais, a auga do recipiente que non tiña pintura, púxose de cor verde!!


Pero, que pasou? Por que sucedeu isto? e, onde vai a auga dos tarros de cristal? Agora hai menos auga...




Decidimos repetir o experimento, e esta vez poñemos unhas marcas nos recipientes para saber ata onde botamos auga.


Repetimos os mesmos pasos que fixéramos antes, pero nesta ocasión utilizamos as cores branca e vermella



E novamente agardamos ata mañá, a ver que sucede, aínda que xa marchamos coa idea de que a auga do recipiente do chan, vaise poñer rosa...E efectivamente, iso foi o que sucedeu, a auga púxose rosa!!


Pero observamos tamén cómo baixou o nivel da auga dos tarros de cristal





Onde está a auga?...Pensamos, falamos, debatimos, e anotamos na pizarra o que cremos que sucede.




Finalmente resolvemos. A auga foi absorvida polo papel!! Dámonos conta de que cando lavamos as mans, secámolas con ese papel ,e a auga que tiñamos nas mans pasa ao papel, quedando as mans secas e o papel mollado. Así, quitamos os apapeis dos recipientes, escurrímolos, e vemos como a auga estaba no papel!!



Quedámonos así de abraiados con todos estes experimentos!!


Así que, lembramos todo o que levamos aprendido das cores e anotámolo na pizarra.


E agora, que máis queremos saber?


Pois decidimos que queremos saber cómo se fan as cores negra e marrón, así que a indagar...preguntamos á nosa familia a ver se alguén o sabe para logo, coma sempre, comprobalo. Polo tanto, este proxecto aínda non rematou...